" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



viernes, 30 de septiembre de 2011

Eureka!!

Acabamos de comprobar que funciona unha das nosas probas. Estamos a investigar co látex, "fimo" e siliconas... e resulta que funciona o invento. Isto supón un gran descubrimento, adaptado ó baixísimo presuposto que pretendemos manexar.


Probas de movemento

Estas son unhas probas de movemento sobre un esqueleto de arame e masa epóxica, nas cales é eliminado un medio de suxección mediante postprodución.

jueves, 29 de septiembre de 2011

Materiais

Esta é unha referencia dos materiais e "personaxes secundarios" que, por agora, imos  utilizar

Máis deseños

Máis deseños dos esqueletos, xa contamos con tres modelos e cada un ten vantaxes e inconvenientes.
Para as personaxes principais, penso que é mellor o último con pasta. Para os secundarios os de silicona e tamén van ben os de metal, pero leva máis tempo facelos.










Xa probamos o movemento con arame e vai moi ben.

Personaxes

Hoxe comezamos a facer as primeiras probas co grupo de artes escénicas.
Probas de:
Esqueleto
Atrezzo
Técnicas de movemento.
Tamén se está a gravar o making off e facendo fotos para o blog.
Sara e Nerea trouxeron dúas personaxes que servirán para "actores secundarios"










miércoles, 28 de septiembre de 2011

Esqueletos Cola Salky

Posterior
 Con este método podemos poñer roupa directamente sobre o esqueleto.
Seguimos investigando cos esqueletos.
Neste caso traballamos con barras de Cola Salky.

O interior está formado por arame de aluminio trenzado.

Lugar de inspiración

No verán de 2009, paseando por unha rúa de Nazaré, Portugal, comezou a fraguarse unha historia sobre Nika " este sería o lugar perfecto para ubicar á cadela abandonada, que vos parece?... " ben, contestaron os acompañantes.

martes, 27 de septiembre de 2011

Adicado a NIKA


Neste traballo imos utilizar a técnica de Stop Mottion, para contar unha historia sobre a dignidade, o respeto, amor, e admiración ós animais.
O xérmolo principal naceu paseando con Nika, e pensando cantas cousas podería contar sobre o desprezo e maltrato que infrinximos os seres humanos...
Isto é unha imaxe da cadela que inspirou "PEDIGREE"

Esqueletos



Este traballo decidimos comezalo con armazóns metálicas.
Realizamos probas con distintos materiais e parece que estes esqueletos funcionan.
Despois de perfilar algúns aspectos técnicos, comezaremos co recubrimento.... pero iso xa o contaremos no seu momento.

Primeira xuntanza

Esta foi a charla de inicio do traballo. Acudiron varios/-as alumnos/as dos dous bacharelatos de artes e algún convidado. Decidimos traballar cun grupo menos numeroso, aínda que sempre che queda pena pola cantidade de alumnos/as que están dispostos/-as a colaborar. Isto terá varios tratamentos novedosos, e un deles é precisamente o número de compoñentes do grupo.
Nesta ocasión imos traballar cos/coas alumnos/as de artes escénicas e cultura audiovisual. A medida que avance o traballo, é posible que se incorporen varios axudantes...
Partimos dun guión orixinal do profesor Miguel Carbajal, que asumirá asemade a tarefa de dirección, e contamos coa inestimable axuda do profesor Xoán Xosé Pérez, que asumirá a dirección artística.
Carlos Loureiro xa confirmou que está disposto a colaborar en todo o posible. A primeira tarefa será revisar e correxir as entradas do blog, para que a nosa lingua sexa expresada coa dignidade que se merece.
Moito ánimo a todos/as. Precisamos moita enerxía, para tratar o tema que temos entre mans.





Alumnos/as de artes escénicas, culpables en parte, deste proxecto.

Os mellores desexos para este camiño que acabamos de comezar. Apertas a todos/as

domingo, 25 de septiembre de 2011

Primeira reunión

O vindeiro martes 27/09/2011 teremos a primeira reunión das persoas participantes.
Lugar: aula de música
Hora: 18:15
Xa vos contaremos os acordos sobre a mesma.
Saúdos