" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



miércoles, 26 de octubre de 2011

Canción

Fixádevos ben nesta animación. Prestade especial atención á canción, a partires do minuto 04:30

Máis movemento

Seguimos a facer prácticas de movemento. A " folla de ruta " indicaba:
Entrar camiñando e sentarse no sofá. Trátase dun personaxe secundario, só esqueleto, para mellorar os tempos.



Cando controlen ben o movemento, comezarán polo borrado de arames nas fotos.

martes, 25 de octubre de 2011

Cincuenta minutos!!!

Cincuenta minutos son, poucos minutos. De tódolos xeitos, o traballo avanza.
Hoxe Álex rematou un esqueleto. Martín perfila o carolo con " fimo "
María e Nerea, traballan no movemento. Están a imitar os movementos do boneco, cos dun vídeo gravado por elas mesmas.


Prácticas coa técnica de rotoscopía

Perfilando unha cabeza

Traballando coa gomaespuma

Prácticas de movemento

Rotoscopía

Seguimos a practicar os movementos. Usamos a técnica de rotoscopía, para sacar o mellor partido ós bonecos.
Polo momento, traballamos con personaxes secundarios... en canto teñamos práctica cos movementos e series de fotos, faremos unha proba cos de verdade!!!
Estamos a traballar duro, para poder facer a primeira serie fotográfica nas vacacións de nadal.



De momento, non traballamos luz nin encadre... só movemento.

sábado, 22 de octubre de 2011

Probas

Aquí deixo unha mostra sobre as primeiras mostras de movemento que estamos a facer e as cabezas de personaxes secundarios, aínda en proceso.






viernes, 21 de octubre de 2011

Radio Estrada

Hoxe, por segunda vez, estivemos en Radio Estrada.
Os/as alumnos/as fixeron preguntas ós/ás persoas que chamaban, para saber a opinión da sociedade sobre o maltrato animal...

Non hai que enquecer que son alumnos/as de bacharelato e aproveitaron o tempo libre para repasar algunha materia

Álex escoita para contraatacar...

Ó principio nervios, logo todo foi ben

Incluso algunha que outra risa...

jueves, 20 de octubre de 2011

Imaxe na rúa

Este traballo será explicado ó grupo de Story board, para que pasen os apuntes realizados por Álex, a un formato 3D.
Grazas Abel polas túas horas, adicación, e superación...


Todo ser humano ten dereito a un traballo digno...

Todo ser humano pode perder o seu posto de traballo...

E agora que... ?

Oficina

Prácticas no programa de Story board



Podemos utilizar varias cámaras para ver a perspectiva.
Con isto, podemos organizar mellor o traballo.

Story board

Estas son dúas imaxes do story board, realizadas por Abel.
Foron feitas nun programa específico en 3D



Tres protagonistas da historia.

miércoles, 19 de octubre de 2011

Primeiras práctica de animación

Estas son dúas prácticas de animación. A primeira, realizada por María e Sara, a segunda por Nerea e Sara.
Na segunda práctica, movemento de cabeza, utilizamos a técnica de rotoscopía.
Conectamos unha webcam enriba da cámara principal ( Canon 450 D ) e tomamos as fotos nas dúas cámaras.
o rexistro da webcam só será utilizada como referencia de movemento. A secuencia final é a rexistrada na Canon 450.





Agora visionamos os vídeos e correximos os erros... luz, movementos indesexados,enfoque correcto...

Esqueletos dos animais

Detalle dos esqueletos do touro e do can.
Interior de arame, poxi, fimo...




lunes, 17 de octubre de 2011

Monte Cabalar

O pasado venres estivemos no monte Cabalar. Gravamos o movemento das vacas para poder secuencialo cos bonecos de plastilina. Foi unha mañá moi produtiva, e ben fermosa.
Á primeira hora estivemos en Radio Estrada, para presentar o programa que imos facer o vindeiro venres...
Despois subimos ó alto do Pedroso, para contemplar ós animais criados en liberdade e, como non, as fermosísimas vistas panorámicas. ( ver álbum, Monte Cabalar )
As fotos foron tomadas por Sara Valcarcel.


Unha vaca caldelá. Rexistramos o movemento para facer retoscopía

miércoles, 12 de octubre de 2011

Un nacemento que marcou a Historia

Tal día como hoxe hai 90 anos, en Estados Unidos naceu unha figura grazas á cal estes días podemos adicarnos a esta curtametraxe en Stop Motion: Art Clokey. Este home é considerado o pioneiro da animación cinematográfica baseada en plastilina debido á súa creación máis famosa, que fixo xunto coa súa muller na década de 1950: Gumby. Este personaxe deu vida, en 1955, ó que foi o seu primeiro traballo: Gumbasia. Tan só duraba 3 minutos e 10 segundos, pero marcou a Historia, á cal agora tamén pertence Pedigree.

martes, 11 de octubre de 2011

Primeiros traballos de maqueta

Síntome orgulloso de poder colaborar noutra curtametraxe máis. Neste caso, o proxecto é escolar, pero, aínda así, alégrame a idea. Eu atópome en maqueta, na que estamos os de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas. Este é o noso traballo que levamos feito por agora:






























A pesar de que imos avanzando pouco a pouco, fomos conseguindo un bo resultado.

jueves, 6 de octubre de 2011

Pés

Detalle dos zapatos. Están deseñados e feitos por Sara.
Esta mañá traballamos moi ben.
Nerea e María traballaron no armazón dos pés. Cristóbal encargouse dos imáns e arames. Álex comezou co story board, partindo dos bocetos e guión orixinal.
Por outra banda, Martín encargouse de organizar o guión en word.
O equipo de artes escénicas está rematando os primeiros bonecos. Mentres o equipo de artes plásticas está elaborando os escenarios.
Contamos tamén coa colaboración de Pura, na materia de artesanía. Están a traballar no deseño do vestiario. Con isto, todo o material será de colleita propia.
Grazas a todos/as polo voso traballo.









Ata teñen amallós






Detalle do esqueleto de gomaespuma

Mans

Estas fotos amosan o interior das mans.
Primeiro é mellor facer cada dedo ( esqueleto ) e logo formar a man. Ó final recubrímolo de silicona e pintamos...






Dedos secando







Esqueleto da man

miércoles, 5 de octubre de 2011

Fimo sen peso

Ás veces non todo sae ben... pero os erros non son máis que unha posibilidade de aprender.
O poliestileno xogounos unha mala pasada, pero aprendemos que a natureza ten solución para todo.









Mellor as noces
No proceso de cocción espallouse demasiado






Detalle do ollo, inserido pola parte posterior






Ó fin conseguimos un ollo móbil

Detalle dos ollos

Un pequeno detalle dos ollos.
Primeiro Sara fixo os ollos en "fimo". Logo pasan polo forno... ó final hai que inserilos no cráneo, que leva poliestileno expandido para quitar peso, cubrición de "fimo" cocido... xa somos expertos en cociña.







Listo para o forno






Ollos xa cocidos, con base en plastilina







Ollo cocido, con base en "fimo"

martes, 4 de octubre de 2011

Poliestireno e siliconas

Últimos descubrimentos!!!
Estamos a investigar cos materiais que imos usar no recubrimento das personaxes.
Un dos problemas dos "fimos" e plastilinas é o peso... pois iso xa non será un problema.
Esta tarde, despois de moitas probas ensaio erro, ó fin saíu ben...








Mesturando diferentes siliconas e látex







Diferentes siliconas para fins diferentes.







Isto é un pequeno segredo só accesible ó grupo de traballo!!! de momento...

Organización

Hoxe traballamos en varias cousas á vez. Modelaxe en "fimo", esqueletos e coñecemento das siliconas.





domingo, 2 de octubre de 2011

Orde de traballo

Isto é unha mostra dun primeiro borrador, para achegar ó equipo de organización de tarefas.
Primeiro achégase o boceto, logo varios/-as alumnos/as redactan correctamente a tarefa. O seguinte paso é pasar o texto ó profesor de galego, Carlos Loureiro, para a súa corrección . Unha vez rematado este trámite, repártese a tarefa ós compoñentes do equipo.
Este proceso séguese con todo:
Guión ( historia )
Guión técnico
Story board
Modelaxe
Mecánica interior das personaxes
Maqueta
Pintura
Música
Fotografía...







Neste caso, trátase da elaboración dos esqueletos

sábado, 1 de octubre de 2011

Imáns de alnico

Esta idea xa me rondaba en Dairas, pero non foi posible poñela en práctica. Agora si.
Despois de varias, e intensas probas, o resultado é evidente... incluso poden subir paredes...
Isto anima moito. Debedes traballar moi duro porque este traballo será algo moi novedoso.
Apertas a todo o equipo.




Inventos!!!

Presentamos aquí algúns avances importantes...moi importantes!!!












O paso seguinte é recubrilo con algodón e gasa, e logo cunha silicona moi especial, é aí, precisamente onde reside o gran segredo... acabo de descubrir un dos grandes segredos dos animadores profesionais. Agora vós tamén experimentaredes con esta técnica.










A Verdade é que tódalas probas saíron ben esta fin de semana.Este é outro invento persoal, con imáns de neodimio.







Imáns?.. Si