" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



miércoles, 28 de marzo de 2012

Músicos con " Pedigree "

Así traballamos en Pedigree.
Unha pequena mostra do traballo que realizamos, antes e despois, de cada fotografía. Case nada !!!

martes, 27 de marzo de 2012

Vacacións !!!

Estamos a preparar o set de filmación para as vacacións da nosa familia.
O violín está feito con fimo ( cocido no forno ).
Os decorados están elaborados polos/-as alumnos/as de primeiro de bach.
Esta toma está a resultar bastante complexa, debido á introdución na escena da violinista. Pensamos que resultará unha toma fermosa, e debemos intentalo.

Debemos recorrer ó arame para suxeitar á violinista. Unha vez rematada a toma borraremos os elementos non desexados: arame, trípode...

viernes, 23 de marzo de 2012

8000 !!!

Xa fixemos 8000 fotografías. Para rematar o crebacabezas só precisamos cinco ou seis mil fotos máis... chupao !!!
Parabéns de novo a todo o equipo. É un orgullo contar con persoas da vosa capacidade, creatividade e compromiso. As noites de insomnio convértense en noites de ilusión. Un xa non pode deixar de pensar na criatura que está en camiño.
Grazas a todos/as. 

Que pensará o prota ?

jueves, 22 de marzo de 2012

Avión

A nosa familia ten programada unha viaxe un tanto especial.
Gústannos os avións... esta vez Abel artellou un sistema moi particualar para a filmación.
Utilizou un sufrido e vello tocadiscos para capturar as fotografías, logo creará unhas imaxes do ceo en 3D. Xa veremos o resultado.

O sistema está provisto de unha regla para ter referencias á hora de fotografar.

miércoles, 21 de marzo de 2012

Volta ó fogar

Estes son algúns detalles do set fotográfico.
En primeiro lugar amosamos a entrada principal da casa. É unha mágoa que a cámara que estamos a utilizar non enfoca o cerca que quixésemos... de tódolos xeitos, temos expertos en edición que achegarán a toma tanto como precisemos.
Por outra banda, a cadela protagonista, está a buscar un lugar cómodo para descansar... ata aquí podemos contar.

Unha mostra do desenfoque a curta distancia

Detalle da porta

Esta toma será traballada en postprodución para efectos nocturnos.

viernes, 16 de marzo de 2012

Vacacións tristes

A pequena da familia está moi triste, estas vacacións marcarán, sen dúbida, a súa vida...
O efecto das bágoas foi realizado utilizando un pincel e auga.
O enxeño está por riba dos presupostos. Así debe ser.

miércoles, 14 de marzo de 2012

Interior avión

Podemos observar aquí unha maqueta do interior do avión. Imos utilizar unha "nube móbil" para dar máis realismo á acción. Tamén estamos a traballar na iluminación; facemos probas con personaxes secundarios.
O traballo do equipo de maqueta é fascinante... agora debemos esmerarnos para sacarlle partido.

A nube pasará por detrás dos cristais...

Traballando coa luz

Aquí podemos apreciar o detalle do ceo a través das fiestras do avión.

martes, 13 de marzo de 2012

Luz

O tratamento da luz é algo imprescindible para transmitir o sentimento da obra.
A mesma foto con diafragmas diferentes...


viernes, 9 de marzo de 2012

Abandono

Estamos a gravar as tomas do abandono. Por unha banda está un granxeiro... pola outra, un can que busca desesperadamente á súa "familia"
Os paus son autóctonos, orixinarios do IES MGB

miércoles, 7 de marzo de 2012

Foto 4000

Temos un tercio das fotos tomadas. En concreto 4107.
O equipo de maqueta debe pisar o acelerador porque precisamos os novos escenarios.
Na vindeira semana teremos listo o interior dun avión, para esa toma imos precisar unhas 800 fotografías.
Na parte de edición de vídeo e efectos especiais, tamén se está a avanzar bastante.
Hai que retocar as fotos, tratar a luz, adaptar o formato, facer cromas e capas de vídeo...
Foto 4000

viernes, 2 de marzo de 2012

Chalé

Os protagonistas da historia teñen unha casa fantástica... gañan cartos e todo vai ben... de momento.
Os/as artistas que están a traballar na maqueta amosan o seu potencial. No set de filmación xa superamos as 3600 fotos.
Menudo traballo!!!

Ás veces tamén anoitece...