" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



martes, 27 de diciembre de 2011

Refuxio de Cambados

Hoxe estivemos no Refuxio de Animais de Cambados ( Refuxio )
Chegamos tan puntuais como os últimos habitantes dese lugar. Tres gatiños, nunha cesta, que acababan de recoller.
O primeiro que fixeron foi unha revisión veterinaria. Desparasitar, por dentro e por fóra. Tratamento con antibióticos por problemas nos ollos, limparlles o nariz para que respirasen correctamente...
Ata que grao de insensibilidade pode chegar un ser humano!!!
Máis de oitenta cans e gatos, conviven cada día nese fogar. Poidemos gravar unha boa reportaxe, guiados pola presidenta do refuxio, a veterinaria e mesmo, nos fixeron unha exhibición por parte do adestrador do centro. Unha cadela mestiza, cruzada de husky, que nos fixo ver en directo do que é capaz un can. Adicación, cariño e compromiso, deron como resultado varios exercicios ben vistosos. A cadela axuda ó adestrador a sacarse as zapatillas, calcetíns, xersei... abrir as portas á orde, recoller obxectos do chan... gustaríame ver a cara dos impresentables que abandonaron a esta cadela, agora seguro que non terían a mesma opinión sobre a mestiza...
En breve teremos unhas reportaxes e galería fotográfica do noso periplo.( Subirémolas ó blog )

A veterinaria do refuxio atendendo a un gatiño acabado de chegar.

Moita espectación cara ós recién chegados.
No exterior do refuxio.

Comida en Vilagarcía

Unha vez rematada a visita ó refuxio de Cambados decidimos comer algo.
Acudimos a un lugar moi estraño. Parecía un restaurante, dende fóra, pero unha vez dentro...
Carteis con fotografías do menú, colas para pagar antes de comer; por se isto non é suficiente, nin siquera hai servizo de mesas.
O máis complicado é acertar co menú:
" Mac, mic, net, menú "
" Mac menú blues pollo "
" Súper Mac book con carne de vacuno "
Eu pedín un moi especial " Mac.... con ensalada de la huerta "
Manda cara... os que somos de aldea, sempre pensamos que as leitugas se daban nas hortas. Que ironía, precisamente cando a probas, descubres que o último sitio onde medraría esa leituga é nunha horta...
En todo caso, non viñemos aquí para disfrutar dun bo xantar, pero si dun intre agradable.


Monte Lobeira

Esta foi a visita ó Monte Lobeira, o día que nos desprazamos ó Refuxio Municipal de Cambados. Despois da comida, para alixeirar un pouco, subimos ó monte. Que lugares tan fermosos ó noso carón. Boas vistas da Ría de Arousa, e un lugar para relaxarse, sen dúbida.


Sara sempre pegada á cámara

Hai que subir tanto... ? Si

miércoles, 21 de diciembre de 2011

Preparados, listos...

A piques de comezar. Estamos a tratar os últimos detalles para comezar a filmación. Tódolos móbeis son feitos polos alumnos/as, igual que as paredes, cortinas...
Que gran traballo están a facer no equipo de maqueta. Ten unha pinta fantástica!!!


Imaxe do interior da casa.
A historia trata sobre unha familia acomodada que decide adoptar un can de compañía...
Todo vai moi ben, ou iso parece, ata que...


Detalle dun cadro que lucirá nunha parede
Set de filmación. iluminamos a ventá dende o exterior e utilizamos luz indirecta.

martes, 20 de diciembre de 2011

Maquetas

Estes son algúns detalles da maqueta.
O equipo de primeiro de Bach., baixo a atenta mirada de Xoán Xosé, está a poñer o listón moi alto...
Ilusión, arte, traballo, traballo, moito traballo.
Un camiño non apto para vagos e maleantes...
Noraboa EQUIPO!!!


Parece pedra ?

Set de filmación.

Este é o set de filmación. Trataremos de sacar o maior partido dos medios técnicos.
Os paneis brancos serán o reflectores de luz.

As cámara de vídeo utilizada como webcam.


lunes, 5 de diciembre de 2011

Adestramento Nika

Nika está a cumprir cos prazos previstos. As clases de adestramento dan resultado.
Ó final do proceso, Nika, será titulada superior...


viernes, 2 de diciembre de 2011

Máis chroma

Seguimos a traballar co chroma. Temos varias posibilidades; a primeira é facelo directamente no programa de captura. A segunda posibilidade é, facelo en postprodución. Despois de avaliar os resultados, quedamos coa segunda.

Foto tomada cunha webcam no set de filmación. Estamos aplicando o chroma como referente.