" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



miércoles, 29 de febrero de 2012

Foto 3000

Esta é a foto número 3000. A verdade é que nos fai moita ilusión chegar a esta cifra. Só faltan doce mil fotos máis... chupao!!!
Fixádevos no texto do folio.

2622 fotos !!!

Parece que estamos a coller un bo ritmo... xa superamos as 2600 fotos.
Rematamos as dúas primeiras escenas. Agora imos fotografar unha das últimas, debido a que xa está rematada esa parte da maqueta. Se non temos problemas técnicos, poderemos rematar a tempo...

viernes, 17 de febrero de 2012

Mil fotos máis

Superamos as dúas mil fotos!!!
Hoxe estamos a rematar a escena do interior da casa.
O equipo de maqueta, achegounos o seguinte escenario... chegou a oficina!!!

miércoles, 8 de febrero de 2012

Superadas as 1000 fotografías

A dia de hoxe, levamos tomadas 1238 fotografías. En tempo, correspóndese con dous minutos de película aprox..
Cada sesión as tomas son mellores. Os/as animadores/as xa coñecen as series de fotos que deben facer por cada movemento... isto supón un avance notable.
O resto do equipo, coma sempre, está a traballar moito para rematar as súas tarefas.