" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



viernes, 27 de abril de 2012

Parte do equipo

Hoxe rematamos de fotografar e celebrámolo un pouco. Falta a foto da familia ó completo... mentres, imos poñendo cara a algúns membros do equipo. En breve teremos a foto completa. Non debemos esquecer tampouco, que aínda queda moitísimo traballo pero " que me quiten lo bailao "
Ten boa pinta

Seguro que chega para todos ?

Pedaso de equipo!!!

Fin gravación

Acabamos de rematar a gravación fotográfica. Case 12.000 fotos!!! Agora debemos montar os vídeos, efectos, efectos especiais, paisaxe sonora... Noraboa a todos/as polo traballo. vémonos na estrea MUNDIAL!!!

Canto me custou este papel. Vou probar un anaco, nótase que está feito con ovos da casa!!!

Grazas a Conchi polo brownie e grazas a Sol pola bica. Que rico!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

Música diexética

A música diexética é a que aparece na propia escena. En "Pedigree" utilizamos este recurso en varias ocasións.
Isto supón unha gran dificultade na animación pero tamén é moi gratificante pór en práctica esta técnica.
Con esta toma xa estamos nas 11.000 fotografías. Que pouco queda para rematar a gravación!!!

jueves, 19 de abril de 2012

Traballos de granxa

Para esta toma tivemos que recorrer, unha vez máis, á suxección do moneco cun arame. Temos que facer unha primeira foto sen moneco para crear un plano de fondo. Logo fotografamos o moneco, co seu movemento, e ó final borramos o arame de cada foto... case nada !!

Nova vida

Ás veces as persoas debemos adaptarnos a unha nova vida. O protagonista da historia tamén.
Dende o punto de vista técnico está a resultar bastante complicado gravar estas tomas. Traballamos con elementos que non podemos pegar ao chan e isto provoca movementos non desexados.

martes, 17 de abril de 2012

10.000!!!

Chegamos á ansiada conta de 10.000 fotografías. Só nos quedan unhas mil cincocentas ou dúas mil máis... isto pinta ben!!!
A día de hoxe levamos filmado vinte escenas. Faltan dúas para rematar. A penúltima xa estamos con ela. Os/as alumnos/as de segundo de bacharelato non deixarán o centro sen ver a súa obra na gran pantalla. Ánimo tamén aos de primeiro, que estades a facer unhas maquetas profesionais.
Apertas a todos/as
O protagonista da historia parece que se está a encariñar cun touro...

lunes, 16 de abril de 2012

Touros de lidia

Os criadores dos touros de lidia manteñen que os seus animais son criados nunhas condicións extraordinarias... máis tarde alegan que morren con DIGNIDADE !!!

Un dos protagonistas de " Pedigree "

martes, 10 de abril de 2012

Quen te viu e quen te ve...

Estamos a realizar unha das derradeiras tomas. Agora xa podemos pensar no remate.
Faltan tres escenas por gravar. En total faremos unhas 12.000 fotos.
As dúas últimas serán bastante complexas, pero agora temos máis experiencia.

jueves, 5 de abril de 2012

Festa Nacional ?

A verdadeira esencia de pedigree pasa por sensibilizar ás " persoas " sobre a dor e sufrimento que provocamos aos animais.

martes, 3 de abril de 2012

Semana Santa

Santa Semana...bendita tu eres entre todas...
Unha vez máis aproveitamos algúns días de vacacións para avanzar o traballo. Isto lémbrame outros tempos.
Estamos a montar unha escena no clube de jazz. Neste caso, trátase dunhas probas de luz:
Balance de brancos
Profundidade de campo
Iso 200/400/800...
Velocidade de obturación...
A maqueta, coma sempre, é unha pasada. Dos músicos nin falamos.
O resultado, xa o veremos...