" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



martes, 22 de mayo de 2012

Trailer

O mércores 23 de maio presentamos o trailer de Pedigree. Aproveitamos o acto de despedida dos alumnos/as de segundo de bacharelato, para amosar parte do seu traballo.
A proxección, do trailer,  será no Teatro Principal da Estrada.
No vindeiro mes de xuño " vestiremos de largo " para ver a curta completa mais o making off.
Parabéns a toda a comunidade Pedigree, con ou sen papeis, con poucos medios, e moito moito traballo, estamos a piques de conseguilo unha vez máis.
A nimación está moi traballada, os bonecos son fantásticos, o vestiario extraordinario, as maquetas unha pasada, ... algún día, alguén ollará ao pasado e atoparase co voso traballo. Sodes parte da historia cultural deste país, sen dúbida.
Grazas pola vosa entrega.

viernes, 4 de mayo de 2012

Praza de touros

Do vale à montanha
Da montanha ao monte
Cavalo de sombra
Cavaleiro monge
Por casas, por prados
Por quinta e por fonte
Caminhais aliados
" Cavaleiro Monge"  Mariza 

Toma aérea da maqueta do exterior da praza de touros.


Excelente!

Agora sí

Por fin puidemos xuntar a todo o equipo para facer unha foto, un tanto accidentada, pero saíu.
Tivemos que recorrer a unha vella e sufrida cámara de fotos e , por iso, a calidade da mesma non é a mellor.
Menos mal que detrás da cámara estaba Miguel Bugallo, grazas Miguel, que é un experto nisto dos retratos...
O traballo estaba dividido en varios grupos:
Modelado, esqueletos, animación e gravación
Maqueta, escenarios, iluminación, fotografía
Confección, deseño da roupa e costura.
Corrección lingüística, corrección do blog e textos para o filme.
Montaxe, postprodución e efectos especiais.
Banda sonora e paisaxe sonora ( sons foley )

Grazas a todos/as pola vosa entrega e adicación. Só con traballo e tesón podemos acadar os obxectivos. Un dos maiores retos era poder fotografar, en tan pouco tempo, case 12.000 fotos.
 Estamos perante un dos traballos artísticos máis vangardistas e de maior dificultade para un centro de ensino secundario.

viernes, 27 de abril de 2012

Parte do equipo

Hoxe rematamos de fotografar e celebrámolo un pouco. Falta a foto da familia ó completo... mentres, imos poñendo cara a algúns membros do equipo. En breve teremos a foto completa. Non debemos esquecer tampouco, que aínda queda moitísimo traballo pero " que me quiten lo bailao "
Ten boa pinta

Seguro que chega para todos ?

Pedaso de equipo!!!

Fin gravación

Acabamos de rematar a gravación fotográfica. Case 12.000 fotos!!! Agora debemos montar os vídeos, efectos, efectos especiais, paisaxe sonora... Noraboa a todos/as polo traballo. vémonos na estrea MUNDIAL!!!

Canto me custou este papel. Vou probar un anaco, nótase que está feito con ovos da casa!!!

Grazas a Conchi polo brownie e grazas a Sol pola bica. Que rico!!!

miércoles, 25 de abril de 2012

Música diexética

A música diexética é a que aparece na propia escena. En "Pedigree" utilizamos este recurso en varias ocasións.
Isto supón unha gran dificultade na animación pero tamén é moi gratificante pór en práctica esta técnica.
Con esta toma xa estamos nas 11.000 fotografías. Que pouco queda para rematar a gravación!!!

jueves, 19 de abril de 2012

Traballos de granxa

Para esta toma tivemos que recorrer, unha vez máis, á suxección do moneco cun arame. Temos que facer unha primeira foto sen moneco para crear un plano de fondo. Logo fotografamos o moneco, co seu movemento, e ó final borramos o arame de cada foto... case nada !!