Estamos xa na recta final das probas. Esta é unha pequena animación, para dar vida a dous personaxes ( persoa e animal ) coas súas particularidades de movemento.
Podemos ver o sistema de suxección dos bonecos. Están suxeitos por un arame, que unha vez finalizada a secuencia de vídeo, serán borrados foto a foto.
O máis importante agora é aprender ben os tempos e ritmos do movemento.
Cando rematen as prácticas, comezaremos cos personaxes principais, coa súa roupa e os decorados.
Unha vez montados os vídeos definitivos, imos borrando tódolos elementos alleos.
Isto é posible traballando con varias capas de vídeo... difícil e laborioso.
Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"
Leonardo Da Vinci
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario