Fixádevos ben nesta animación. Prestade especial atención á canción, a partires do minuto 04:30
Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"
Leonardo Da Vinci
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.
miércoles, 26 de octubre de 2011
Máis movemento
Seguimos a facer prácticas de movemento. A " folla de ruta " indicaba:
Entrar camiñando e sentarse no sofá. Trátase dun personaxe secundario, só esqueleto, para mellorar os tempos.
Cando controlen ben o movemento, comezarán polo borrado de arames nas fotos.
Entrar camiñando e sentarse no sofá. Trátase dun personaxe secundario, só esqueleto, para mellorar os tempos.
Cando controlen ben o movemento, comezarán polo borrado de arames nas fotos.
martes, 25 de octubre de 2011
Cincuenta minutos!!!
Cincuenta minutos son, poucos minutos. De tódolos xeitos, o traballo avanza.
Hoxe Álex rematou un esqueleto. Martín perfila o carolo con " fimo "
María e Nerea, traballan no movemento. Están a imitar os movementos do boneco, cos dun vídeo gravado por elas mesmas.
Hoxe Álex rematou un esqueleto. Martín perfila o carolo con " fimo "
María e Nerea, traballan no movemento. Están a imitar os movementos do boneco, cos dun vídeo gravado por elas mesmas.
Prácticas coa técnica de rotoscopía |
Perfilando unha cabeza |
Traballando coa gomaespuma |
Prácticas de movemento |
Rotoscopía
Seguimos a practicar os movementos. Usamos a técnica de rotoscopía, para sacar o mellor partido ós bonecos.
Polo momento, traballamos con personaxes secundarios... en canto teñamos práctica cos movementos e series de fotos, faremos unha proba cos de verdade!!!
Estamos a traballar duro, para poder facer a primeira serie fotográfica nas vacacións de nadal.
De momento, non traballamos luz nin encadre... só movemento.

sábado, 22 de octubre de 2011
Probas
viernes, 21 de octubre de 2011
Radio Estrada
Hoxe, por segunda vez, estivemos en Radio Estrada.
Os/as alumnos/as fixeron preguntas ós/ás persoas que chamaban, para saber a opinión da sociedade sobre o maltrato animal...
Os/as alumnos/as fixeron preguntas ós/ás persoas que chamaban, para saber a opinión da sociedade sobre o maltrato animal...
Non hai que enquecer que son alumnos/as de bacharelato e aproveitaron o tempo libre para repasar algunha materia |
Álex escoita para contraatacar... |
Ó principio nervios, logo todo foi ben |
Incluso algunha que outra risa... |
jueves, 20 de octubre de 2011
Imaxe na rúa
Este traballo será explicado ó grupo de Story board, para que pasen os apuntes realizados por Álex, a un formato 3D.
Grazas Abel polas túas horas, adicación, e superación...
Todo ser humano ten dereito a un traballo digno...
Todo ser humano pode perder o seu posto de traballo...
Grazas Abel polas túas horas, adicación, e superación...
Todo ser humano ten dereito a un traballo digno...
Todo ser humano pode perder o seu posto de traballo...
![]() |
E agora que... ? |
Oficina
Prácticas no programa de Story board

Podemos utilizar varias cámaras para ver a perspectiva.
Con isto, podemos organizar mellor o traballo.

Podemos utilizar varias cámaras para ver a perspectiva.
Con isto, podemos organizar mellor o traballo.
Story board
Estas son dúas imaxes do story board, realizadas por Abel.
Foron feitas nun programa específico en 3D
Foron feitas nun programa específico en 3D
![]() |
Tres protagonistas da historia. |
miércoles, 19 de octubre de 2011
Primeiras práctica de animación
Estas son dúas prácticas de animación. A primeira, realizada por María e Sara, a segunda por Nerea e Sara.
Na segunda práctica, movemento de cabeza, utilizamos a técnica de rotoscopía.
Conectamos unha webcam enriba da cámara principal ( Canon 450 D ) e tomamos as fotos nas dúas cámaras.
o rexistro da webcam só será utilizada como referencia de movemento. A secuencia final é a rexistrada na Canon 450.
Agora visionamos os vídeos e correximos os erros... luz, movementos indesexados,enfoque correcto...

Esqueletos dos animais
lunes, 17 de octubre de 2011
Monte Cabalar
O pasado venres estivemos no monte Cabalar. Gravamos o movemento das vacas para poder secuencialo cos bonecos de plastilina. Foi unha mañá moi produtiva, e ben fermosa.
Á primeira hora estivemos en Radio Estrada, para presentar o programa que imos facer o vindeiro venres...
Despois subimos ó alto do Pedroso, para contemplar ós animais criados en liberdade e, como non, as fermosísimas vistas panorámicas. ( ver álbum, Monte Cabalar )
As fotos foron tomadas por Sara Valcarcel.

Unha vaca caldelá. Rexistramos o movemento para facer retoscopía |
miércoles, 12 de octubre de 2011
Un nacemento que marcou a Historia
Tal día como hoxe hai 90 anos, en Estados Unidos naceu unha figura grazas á cal estes días podemos adicarnos a esta curtametraxe en Stop Motion: Art Clokey. Este home é considerado o pioneiro da animación cinematográfica baseada en plastilina debido á súa creación máis famosa, que fixo xunto coa súa muller na década de 1950: Gumby. Este personaxe deu vida, en 1955, ó que foi o seu primeiro traballo: Gumbasia. Tan só duraba 3 minutos e 10 segundos, pero marcou a Historia, á cal agora tamén pertence Pedigree.
martes, 11 de octubre de 2011
Primeiros traballos de maqueta
Síntome orgulloso de poder colaborar noutra curtametraxe máis. Neste caso, o proxecto é escolar, pero, aínda así, alégrame a idea. Eu atópome en maqueta, na que estamos os de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas. Este é o noso traballo que levamos feito por agora:
jueves, 6 de octubre de 2011
Pés
Detalle dos zapatos. Están deseñados e feitos por Sara.
Esta mañá traballamos moi ben.
Nerea e María traballaron no armazón dos pés. Cristóbal encargouse dos imáns e arames. Álex comezou co story board, partindo dos bocetos e guión orixinal.
Por outra banda, Martín encargouse de organizar o guión en word.
O equipo de artes escénicas está rematando os primeiros bonecos. Mentres o equipo de artes plásticas está elaborando os escenarios.
Contamos tamén coa colaboración de Pura, na materia de artesanía. Están a traballar no deseño do vestiario. Con isto, todo o material será de colleita propia.
Grazas a todos/as polo voso traballo.

Ata teñen amallós |
Detalle do esqueleto de gomaespuma |
Mans
Estas fotos amosan o interior das mans.
Primeiro é mellor facer cada dedo ( esqueleto ) e logo formar a man. Ó final recubrímolo de silicona e pintamos...
Primeiro é mellor facer cada dedo ( esqueleto ) e logo formar a man. Ó final recubrímolo de silicona e pintamos...
Dedos secando |
Esqueleto da man |
miércoles, 5 de octubre de 2011
Fimo sen peso
Ás veces non todo sae ben... pero os erros non son máis que unha posibilidade de aprender.
O poliestileno xogounos unha mala pasada, pero aprendemos que a natureza ten solución para todo.
No proceso de cocción espallouse demasiado
O poliestileno xogounos unha mala pasada, pero aprendemos que a natureza ten solución para todo.
Mellor as noces |
Detalle do ollo, inserido pola parte posterior |
Ó fin conseguimos un ollo móbil |
Detalle dos ollos
Un pequeno detalle dos ollos.
Primeiro Sara fixo os ollos en "fimo". Logo pasan polo forno... ó final hai que inserilos no cráneo, que leva poliestileno expandido para quitar peso, cubrición de "fimo" cocido... xa somos expertos en cociña.

Listo para o forno |
Ollos xa cocidos, con base en plastilina |
Ollo cocido, con base en "fimo" |
martes, 4 de octubre de 2011
Poliestireno e siliconas
Últimos descubrimentos!!!
Estamos a investigar cos materiais que imos usar no recubrimento das personaxes.
Un dos problemas dos "fimos" e plastilinas é o peso... pois iso xa non será un problema.
Esta tarde, despois de moitas probas ensaio erro, ó fin saíu ben...

Mesturando diferentes siliconas e látex |
Diferentes siliconas para fins diferentes. |
Isto é un pequeno segredo só accesible ó grupo de traballo!!! de momento... |
Organización
Hoxe traballamos en varias cousas á vez. Modelaxe en "fimo", esqueletos e coñecemento das siliconas.
domingo, 2 de octubre de 2011
Orde de traballo
Isto é unha mostra dun primeiro borrador, para achegar ó equipo de organización de tarefas.
Primeiro achégase o boceto, logo varios/-as alumnos/as redactan correctamente a tarefa. O seguinte paso é pasar o texto ó profesor de galego, Carlos Loureiro, para a súa corrección . Unha vez rematado este trámite, repártese a tarefa ós compoñentes do equipo.
Este proceso séguese con todo:
Guión ( historia )
Guión técnico
Story board
Modelaxe
Mecánica interior das personaxes
Maqueta
Pintura
Música
Fotografía...

Neste caso, trátase da elaboración dos esqueletos |
sábado, 1 de octubre de 2011
Imáns de alnico
Esta idea xa me rondaba en Dairas, pero non foi posible poñela en práctica. Agora si.
Despois de varias, e intensas probas, o resultado é evidente... incluso poden subir paredes...
Isto anima moito. Debedes traballar moi duro porque este traballo será algo moi novedoso.
Apertas a todo o equipo.

Inventos!!!
Presentamos aquí algúns avances importantes...moi importantes!!!

A Verdade é que tódalas probas saíron ben esta fin de semana. | Este é outro invento persoal, con imáns de neodimio. |
Imáns?.. Si |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)