" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



martes, 27 de septiembre de 2011

Primeira xuntanza

Esta foi a charla de inicio do traballo. Acudiron varios/-as alumnos/as dos dous bacharelatos de artes e algún convidado. Decidimos traballar cun grupo menos numeroso, aínda que sempre che queda pena pola cantidade de alumnos/as que están dispostos/-as a colaborar. Isto terá varios tratamentos novedosos, e un deles é precisamente o número de compoñentes do grupo.
Nesta ocasión imos traballar cos/coas alumnos/as de artes escénicas e cultura audiovisual. A medida que avance o traballo, é posible que se incorporen varios axudantes...
Partimos dun guión orixinal do profesor Miguel Carbajal, que asumirá asemade a tarefa de dirección, e contamos coa inestimable axuda do profesor Xoán Xosé Pérez, que asumirá a dirección artística.
Carlos Loureiro xa confirmou que está disposto a colaborar en todo o posible. A primeira tarefa será revisar e correxir as entradas do blog, para que a nosa lingua sexa expresada coa dignidade que se merece.
Moito ánimo a todos/as. Precisamos moita enerxía, para tratar o tema que temos entre mans.





Alumnos/as de artes escénicas, culpables en parte, deste proxecto.

Os mellores desexos para este camiño que acabamos de comezar. Apertas a todos/as

No hay comentarios:

Publicar un comentario