Chan chan, chan chan chan chan, chan chan chan chan chan, chan chan chan, tirurí...
"Misión Posíbel"
Antes e despois, de utilizar o chroma.
Temos expertos alumnos que traballan moi ben en postprodución. Noraboa!!!
Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"
Leonardo Da Vinci
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.
miércoles, 30 de noviembre de 2011
miércoles, 23 de noviembre de 2011
Familia
A familia aumenta.
Álex estivo a traballar na fin de semana, e agora, contamos con varios esqueletos rematados.
É preciso contar con varios de reposto, pois hoxe mesmo, rompeu o primeiro.

jueves, 17 de noviembre de 2011
Deseñadora!!!
María Valcarcel está facendo un traballo excelente. Calquera diría que é deseñadora profesional.
Os deseños e a confección desta roupa é obra súa.
Parabéns María, os personaxes quedarán moi ben cos teus modelos.

Probas enfoque
Unha pequena mostra de probas de enfoque. Está realizada coa cámara de vídeo Panasonic, convertida en webcam.
Despois de moito probar, conseguimos capturar a imaxe coa cámara de vídeo, no programa de animación.
Está a doce frems e suman en total 60 capturas.
A proba consiste en enfocar e desenfocar os obxectos, de primeiro e segundo plano.

viernes, 11 de noviembre de 2011
Escena primeira
Unha pequena recreación da primeira escena. Trátase de interpretar o story board.
Estamos a traballar con personaxes secundarios, para non deteriorar os principais.
Apréciase unha mellora considerable no movemento.
Noraboa a todos/as... estamos collendo o ritmo axeitado.

jueves, 10 de noviembre de 2011
Maqueta
O equipo de maqueta non está a perder tempo no traballo. velaquí un pequeno avance.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
Clonación
Coa técnica do molde de escaiola, podemos clonar algún personaxe. O ideal é ter, como mínino dous, por cada un dos "actores" principais. En caso de presentarse algún problema na rodaxe, teremos reposto.
Escaiola
Velaquí un novo traballo.
Trátase de facer un molde de escaiola, para poder "clonar" as caras das personaxes principais.
Primeiro fixemos o modelo de proba. Despois preparamos a escaiola e deixámola endurecer. Unha vez listo, retiramos o modelo e xa está.
O máis importante é utilizar vaselina no molde, e plastilina coa modificación
" xenética"

Aprendendo dos grandes!!!
Fixádevos ben nos detalles de movemento, cromas e bucles... moi interesante.
martes, 8 de noviembre de 2011
Penúltimos retoques
Estamos xa na recta final das probas. Esta é unha pequena animación, para dar vida a dous personaxes ( persoa e animal ) coas súas particularidades de movemento.
Podemos ver o sistema de suxección dos bonecos. Están suxeitos por un arame, que unha vez finalizada a secuencia de vídeo, serán borrados foto a foto.
O máis importante agora é aprender ben os tempos e ritmos do movemento.
Cando rematen as prácticas, comezaremos cos personaxes principais, coa súa roupa e os decorados.
Unha vez montados os vídeos definitivos, imos borrando tódolos elementos alleos.
Isto é posible traballando con varias capas de vídeo... difícil e laborioso.

Práctica, práctica, práctica!!!
Máis práctica de movemento e filmación.
Nerea está a converterse nunha profesional do movemento. Realiza prácticas en cada sesión, utilizando a webcam conectada ó portatil. Traballa o movemento, utilizando algunhas ferramentas propias do programa ( papel cebola, rotoscopía etc. )
Sara traballa, como ninguén, na modelaxe das caras. Nunca está convencida de todo, pero a verdade é que o resultado é extraordinario.
María segue co story-board en 3D. Mentres, o resto do equipo, segue coa construción dos decorados, vestiario e esqueletos.

Nerea practicando movementos |
Cabezas modeladas por Sara. |
viernes, 4 de noviembre de 2011
Plastilina con efectos
Estamos a probar a plastilina coas nosas mesturas particulares. A intención é probar a elasticidade, resistencia á calor, manipulación...
Nesta proba engadimos cera dental, e parece que dá bo resultado!!!
No vídeo hai unha aplicación en posprodución.
Tamén podemos ollar as primeiras probas de movemento con "FILTROS NEÓN"

jueves, 3 de noviembre de 2011
Touro
As mesturas están a dar resultados. Aquí vemos o corpo dun touro.
Materiais:
Arame
Poliexpan
Plastilina
Ceras
Aceite de oliva
O segredo... as mesturas
Materiais:
Arame
Poliexpan
Plastilina
Ceras
Aceite de oliva
O segredo... as mesturas
Mesturas
Os/as grandes animadores/as teñen moitos segredos que non queren desvelar a ninguén.
Nós non somos grandes animadores, pero tamén temos algún...
Mesturando plastilina con...

Cocido ó baño María |
Titoriais palstilina
Cabezas
Mans
Mans
Suscribirse a:
Entradas (Atom)