Estamos xa na recta final das probas. Esta é unha pequena animación, para dar vida a dous personaxes ( persoa e animal ) coas súas particularidades de movemento.
Podemos ver o sistema de suxección dos bonecos. Están suxeitos por un arame, que unha vez finalizada a secuencia de vídeo, serán borrados foto a foto.
O máis importante agora é aprender ben os tempos e ritmos do movemento.
Cando rematen as prácticas, comezaremos cos personaxes principais, coa súa roupa e os decorados.
Unha vez montados os vídeos definitivos, imos borrando tódolos elementos alleos.
Isto é posible traballando con varias capas de vídeo... difícil e laborioso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario