" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



jueves, 26 de enero de 2012

Corrección de erros

A experiencia é a acumulación e superación dos erros.
Esta é a primeira toma no set " oficial "
Podemos observar que os erros máis frecuentes son:
movementos indesexados, roupa, escenario ...
Tratamento do enfoque-desenfoque, en movementos de cámara...
Isto é moi importante. Se conseguimos cambiar os erros por acertos...
Aínda temos moitos recursos para a mellora; en post produción faremos algo de maxia. En todo caso, o mellor é partir dunhas boas tomas.

Este vídeo está tal cal se gravou, a 8 frms x segundo. Non foi retocado en canto á luz, tempos de movemento, montaxe, nin sequera eliminamos a claqueta, etc... así valoramos mellor os detalles.
A música utilizada neste vídeo está libre de dereitos; non ten nada que ver coa nosa historia, pero serve pala ir valorando o ritmo da imaxe e movemento.
Ánimo chavales/as, ten unha pintaza... !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario