" Verdadeiramente, o home é o rei dos animais, pois a súa brutalidade supera á destes"

Leonardo Da Vinci


Novo traballo do bacharelato de Artes Escénicas e Musicais e Artes Plásticas, xunto co Taller de Creación Artística do M.G.B. Curso 2011/12
Inspirado en " NIKA " cadela mestiza, rescatada polo Refuxio Municipal de Cambados, e adoptada por Laura.
"PEDIGREE" pretende concienciar ós/ás cidadáns/ás sobre o benestar e dignidade animal.



martes, 27 de diciembre de 2011

Comida en Vilagarcía

Unha vez rematada a visita ó refuxio de Cambados decidimos comer algo.
Acudimos a un lugar moi estraño. Parecía un restaurante, dende fóra, pero unha vez dentro...
Carteis con fotografías do menú, colas para pagar antes de comer; por se isto non é suficiente, nin siquera hai servizo de mesas.
O máis complicado é acertar co menú:
" Mac, mic, net, menú "
" Mac menú blues pollo "
" Súper Mac book con carne de vacuno "
Eu pedín un moi especial " Mac.... con ensalada de la huerta "
Manda cara... os que somos de aldea, sempre pensamos que as leitugas se daban nas hortas. Que ironía, precisamente cando a probas, descubres que o último sitio onde medraría esa leituga é nunha horta...
En todo caso, non viñemos aquí para disfrutar dun bo xantar, pero si dun intre agradable.


No hay comentarios:

Publicar un comentario