Chegamos tan puntuais como os últimos habitantes dese lugar. Tres gatiños, nunha cesta, que acababan de recoller.
O primeiro que fixeron foi unha revisión veterinaria. Desparasitar, por dentro e por fóra. Tratamento con antibióticos por problemas nos ollos, limparlles o nariz para que respirasen correctamente...
Ata que grao de insensibilidade pode chegar un ser humano!!!
Máis de oitenta cans e gatos, conviven cada día nese fogar. Poidemos gravar unha boa reportaxe, guiados pola presidenta do refuxio, a veterinaria e mesmo, nos fixeron unha exhibición por parte do adestrador do centro. Unha cadela mestiza, cruzada de husky, que nos fixo ver en directo do que é capaz un can. Adicación, cariño e compromiso, deron como resultado varios exercicios ben vistosos. A cadela axuda ó adestrador a sacarse as zapatillas, calcetíns, xersei... abrir as portas á orde, recoller obxectos do chan... gustaríame ver a cara dos impresentables que abandonaron a esta cadela, agora seguro que non terían a mesma opinión sobre a mestiza...
En breve teremos unhas reportaxes e galería fotográfica do noso periplo.( Subirémolas ó blog )
A veterinaria do refuxio atendendo a un gatiño acabado de chegar. |
Moita espectación cara ós recién chegados. |
No exterior do refuxio. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario